Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO VOLVE A SACAR A LICITACIÓN A SUBMINISTRACIÓN DE DOUS MÓDULOS DE ASEOS ANTIGRAFITIS PARA PRAIAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os dous novos baños instalaranse nos areais de Pragueira e Foxos

O Concello de Sanxenxo volve licitar a subministración de dous módulos de aseos para praias por 61.710 euros despois de que o anterior procedemento quedase deserto. A renovación destes dous baños inclúese dentro dunha subvención concedida pola Consellería do Mar a través do GALP cunha achega de 64.759 euros na que se inclúe tamén o proxecto de protección dunar e mellora de accesibilidade de Areas. O orzamento total ascende a 86.297 euros.

Ambos os módulos instalaranse nas praias de Foxos e Pragueira. Terán unhas dimensións de 7,10 x2,55 metros. O peche exterior do módulo estará formado por unha fachada composta de dúas follas, unha exterior e outra interior. A folla exterior será de fachada ventilada formada por lamas de madeira tecnolóxica composta a base de celulosas, materiais termoplásticos, polímeros de madeira compostos e composites de fibras naturais. As lamas deberán estar recubertas cun tratamento exterior a base de polímeros que as protexa dos raios UV, das manchas, fungos, mohos e resistente ás ralladuras. Así mesmo, a totalidade do peche exterior estará dotado dun tratamento protector antigrafiti a base de resina. O prazo máximo de entrega será de 71 días. Cada módulo está dividido en tres habitáculos (un destinado a mulleres, outro a homes e o terceiro para persoas con mobilidade reducida).

Doutra banda, os traballos da mellora de acceso e protección dunar na praia de Areas avanzan a bo ritmo. Está previsto que a a renovación dos cen metros de pasarela de madeira de piñeiro, cunha anchura de dous metros e medio, conclúa esta mesma semana. Na posta a punto do novo tramo do paso, aproveitouse para aproximar o trazado ás vivendas facilitando a rexeneración natural da duna. Tamén se prevé a substitución do valado ao longo de trescentos metros tras a retirada de dez toneladas de plantas invasoras de forma manual.

Actuación cofinanciada nun 85 % polo FEMP

logos fondos europeos

0
0
0
s2sdefault