Concello de Sanxenxo - O PORTO JUAN CARLOS I XA NON TEN AMARRES DISPOÑIBLES DURANTE TODO O MES DE AGOSTO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O número de embarcacións de tránsito no que vai de ano equipárase xa ao rexistrado durante o mesmo período de 2019

O porto deportivo Juan Carlos I xa non ten dispoñibles amarres para o mes de agosto. O alto nivel de reservas no que vai de ano obrigou á sociedade municipal Nauta Sanxenxo a colgar o cartel de completo para este período. Os titulares destas reservas son neste caso do territorio nacional.

O porto deportivo de Sanxenxo conta cunha superficie concesional de 123.222 metros cadrados. As súas instalacións comprenden unha lámina de auga de 90.000 metros cadrados, 450 puntos de amarre e máis de 25.000 metros cadrados de espazo peonil. Aos amarres de aluguer estival e anuais fixos súmanse as concesións e os amarres variables para o tránsito de embarcacións.

En canto a embarcacións en tránsito, o incremento no que vai de ano foi moi importante rozando xa niveis de 2019. Un total de 28 barcos recalaron en Sanxenxo ata abril, un 55% máis que en 2021, e preto dos 32 durante o mesmo período de 2019.

Cabe destacar tamén o interese de embarcacións de gran tamaño, de máis de 18 metros de eslora, interesados en estancias de cada vez maior duración, de entre 6 meses e un ano.

Durante 2021, un total de 453 embarcacións con ata 19 bandeiras diferentes atracaron no porto deportivo Juan Carlos I. A esta actividade de tránsito hai que sumar os 370 barcos que teñen Sanxenxo como porto base e que manteñen o seu amarre durante todo o ano.

O porto Juan Carlos I conta con servizo de gasolineira nas súas instalacións desde a que se subministraron durante o primeiro trimestre 15.164,62 litros de combustible, un 2,6% máis que no mesmo período que 2019.

0
0
0
s2sdefault