Concello de Sanxenxo - MARTÍN E LENGUAS VISITAN AS OBRAS DA MELLORA DO PASEO DOS BARCOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde e a presidenta de Portos de Galicia mantiveron onte un encontro de traballo en Sanxenxo

O alcalde, Telmo Martín, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, mantiveron onte un encontro de traballo en Sanxenxo. Tras a reunión na que se abordaron asuntos relativos aos espazos portuarios en ambas as vilas, visitaron a actuación que se está levando a cabo no Paseo dos Barcos coa renovación da pasarela e de parte da estrutura.

O obxectivo é mellorar esta parte da fachada marítima de Sanxenxo cunha actuación que superará os 90.000 euros. Na visita estivo tamén a concelleira de Urbanismo, Flavia Besada, que foi a encargada de executar o proxecto de embelecemento da zona coa inclusión de zonas de descanso renovadas e elementos novos de axardinamento. "Imos a facer que este paseo sexa máis bonito se cabe cunha mellora coa que colabora Portos de Galicia", explicou o alcalde. Na mesma liña, Martín lembrou que "este paseo cumpre o mes que vén 18 anos" e incidiu en que "cada euro que se invirte repercute en moitos galegos que nos visitan".

Pola súa banda, a presidenta de Portos de Galicia destacou a "colaboración entre administracións para poder chegar a acordos que beneficien á cidadanía". Lenguas explicou que durante a súa visita a Sanxenxo mantivo un encontro co sector pesqueiro de Sanxenxo. "Solicitáronnos espazos para almacenar os seus pertrechos dentro da zona pesqueira e buscaremos posibles solucións para iso", indicou.

Lenguas e Martín pediron á empresa que está a executar os traballos da pasarela de madeira que acurte os prazos previstos para ter a pasarela lista antes do 31 de maio. A mellora incluirá a colocación de 30 novas xardineiras metálicas de dous metros de longo na que se plantarán especies aromáticas como a lavanda. As macetas se intercalarán entre os 35 bancos de granito actuais.

0
0
0
s2sdefault