Concello de Sanxenxo - O GOBERNO CONVOCA UN PLENO PARA APROBAR A AMPLIACIÓN E MELLORA DA REDE DE SANEAMENTO E AUGA QUE ASUMIRÁ A NOVA CONCESIONARIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O anteproxecto contempla 80 actuacións entre as que destacan 29 máis urxentes que se teñen que realizar no primeiro semestre de 2023

O goberno convocou un Pleno extraordinario o mércores 11 de maio para aprobar as obras de ampliación e mellora da rede municipal de saneamento e auga que permitirá dotar destes servizos a todas as vivendas do rural que carecen deles. Sanxenxo ten 16.900 vivendas das que 726 (4,3%) carecen de saneamento ou auga.

O goberno vai licitar mediante un concurso público a concesión deste servizo, a empresa que sexa elixida terá que asumir a realización de 80 actuacións valoradas en 11.963.798 €. O documento que se aprobará no pleno contempla 3 fases de actuación:

1. Ampliación da rede de saneamento e auga, con 59 actuacións para dotar destes servizos ás 726 vivendas do rural que carecen de saneamento ou auga.

2. Renovación da rede principal existente con 14 actuacións para substituír tramos vellos e ampliar a capacidade das tubaxes.

3. Novas infraestruturas de abastecemento de auga con 7 actuacións entre as que destaca a construción dun novo depósito de auga.
O prego inclúe un calendario das actuacións que establece que a empresa concesionaria terá que completar as 3 fases nos 36 primeiros meses desde o inicio da concesión. A prioritaria é a fase de ampliación da rede de saneamento e auga do rural, por iso o calendario contempla 29 actuacións nos 6 primeiros meses de 2023 e os 30 tramos restantes da primeira fase no segundo semestre do ano.

As obras que se van a executar no primeiro semestre priorizan o saneamento (o servizo máis demandado polos veciños), o número de vivendas do lugar e as vivendas principais antes que as segundas residencias.

Os lugares nos que se vai a actuar no primeiros seis meses son:

- Noalla: Tombelo, Pontes, Quintáns, Aios costeira
- Vilalonga: Iglesario, Altamira e Iglesario Lomba
- Adina: Poleiros, Rial e Punta Montalvo
- Dorrón: Barreiro, Rexenxo e praia de Agra
- Nantes: Cancela Pedroño, Pazos e Casal
- Bordóns: Chandevila e Sear
- Padriñan: Palacios e Laxe

0
0
0
s2sdefault