Concello de Sanxenxo - SANXENXO SACA A CONCURSO O SERVIZO DE GRÚA MUNICIPAL POR 119.838 EUROS DURANTE CATRO ANOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo saca a concurso o servizo de grúa municipal para a recollida e retirada de vehículos por 119.838 euros. O contrato terá unha duración de 4 anos e non poderá prorrogarse.

O novo contrato ofrecerá servizo 24 horas 99 días na tempada estival, desde o 14 de xuño ao 20 de setembro, e 11 días de Semana Santa, desde o venres anterior ata o luns de Pascua. As condicións do prego reforzan o servizo e o número de días en ambos os períodos vacacionais coincidindo cun incremento no número de visitantes ao municipio. Fóra destes períodos, a grúa realizará retiradas puntuais de vehículos ata un máximo de 30 actuacións ao ano.

O persoal contratado para conducir o vehículo grúa estará composto polo número de condutores suficiente para cubrir as quendas diarias. Ademais, deben posuír, polo menos, e manter durante o período do contrato os permisos de conducir C1+E vixentes, para poder realizar os labores de retirada de vehículos da vía pública.

O contratista deberá asumir o custo de rotular o vehículo guindastre cos logos do Concello de Sanxenxo para que se poida identificar como servizo municipal. O persoal que conduza o guindastre contará en todo momento con chalecos reflectores nos que figure a identificación "Servizo de Grúa Municipal do Concello de Sanxenxo", vestimenta que deberán utilizar en todas as actuacións que realicen.

O contrato que se licita inclúe unha cláusula para combater o paro. O adxudicatario do servizo estará obrigado a que no persoal da empresa que participa na execución deste contrato figure un mínimo dun traballador de entre 18 e 35 anos de idade ou ben un traballador de 50 anos ou máis.

0
0
0
s2sdefault