Concello de Sanxenxo - SANXENXO MANTÉN O SEU LIDERADO NACIONAL EN BANDEIRAS AZUIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O municipio logra 17 distintivos de calidade en praias, 3 en portos deportivos e 1 centro azul

Sanxenxo volve un ano máis a revalidar o seu liderado nacional en bandeiras azuis cun total de 17 distintivos en praias que revalida o seu compromiso coa calidade e a esixencia. A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) deu a coñecer esta mañá a relación de praias, portos e centros azuis galardoados no territorio nacional. Sanxenxo suma 4 insignias máis no Real Club Náutico de Sanxenxo, o Club Náutico de Portonovo, o porto deportivo municipal Juan Carlos I e o centro azul da Telleira.

A bandeira azul ondeará nas praias da Lapa, Area de Agra, Areas, Areas Gordas, Baltar, Bascuas, Canelas, Caneliñas, Espiñeiro, Foxos, Major, Montalvo, Nosa Señora da Lanzada, Panadeira, Paxariñas, Pragueira e Silgar.
O alcalde, Telmo Martín, destacou onte "a satisfacción" por continuar sendo o municipio español con máis bandeiras azuis e incidiu en que "Sanxenxo non se conforma e seguirá traballando para mellorar e incrementar o número de distintivos".

O Concello de Sanxenxo solicitou este ano á Consellería de Sanidade a avaliación para incluír nas zonas de baño as praias da Carabuxeira e Pampaído, na que xa se atopa Nanín. Deste xeito, obterase un control periódico da calidade da auga, un dos parámetros incluídos nas bases para a concesión de bandeiras azuis. A auga debe obter un resultado de calidade excelente en todos os seus puntos de mostraxe. Débense controlar os parámetros físico-químicos para comprobar que o pH atópase no seu rango normal (entre 6 e 9) e que non hai contaminación flotante.

0
0
0
s2sdefault