Concello de Sanxenxo - SANXENXO XA ESTÁ COA MIRADA POSTA NA GRAN CITA DA VELA ESPAÑOLA DO ANO NO MES DE XUÑO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A 7ª Regata Rei Juan Carlos - O Corte Inglés Máster 2022 será a antesala do Xacobeo 6mR Worlds

Sanxenxo e o Real Club Náutico comezaron desde hoxe, tras o exitoso "Trofeo Viajes InterRías" desta fin de semana, cos preparativos do que serán os seus 10 días "grandes" coa celebración en primeiro lugar da 7ª edición da "Regata Rey Juan Carlos - El Corte Inglés Máster" entre o 10 e o 12 de xuño, e posteriormente entre o 13 e 18 do mesmo mes o Xacobeo 6mR Worlds como a gran cita da vela en Galicia e España con ámbito mundial.

Máis de 40 equipos representando a 15 países reeditarán a cita mundial da clase tras o Campionato do Mundo celebrado en Hanko (Finlanda) en agosto de 2019. O "Bribon 500" patroneado polo Rei don Juan Carlos e o suízo "Junior" de Durr Philippe serán os defensores do título nas divisións de Clásicos e Open respectivamente.

 

Prensa Xacobeo 6mR Worlds 2022
www.6mrworlds2022.com
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

0
0
0
s2sdefault