Concello de Sanxenxo - SANXENXO CONTARÁ, ENTRE O 6 E O 17 DE AGOSTO, CON "CENTINELAS DO MAR", UN CAMPAMENTO DE 15 VOLUNTARIOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Concellería de Xuventude, dirixida por Daniel Arosa, sumouse este ano aos Campos de Voluntariado convocados pola Xunta de Galicia

Un equipo formado por 15 mozos velarán polo coidado do mar e a limpeza de zonas costeiras de Sanxenxo entre o 6 e 17 de agosto. Son os voluntarios do campamento "Centinelas do mar", programa incluído dentro das propostas diferentes ofertadas desde a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

O concelleiro de Xuventude, Daniel Arosa, xunto á directora Xeral de Xuventude, Cristina Pichel; o delegado da Xunta, Luis López, e o xerente da empresa encargada dos campamentos, Marexada, Beni Pastoriza, presentaron o campamento que volverá ter carácter internacional. "Un total de 15 persoas, entre 18 e 30 anos, colaborarán non coidado do medio ambiente nun espazo, as praias, das que somos como sabedes un referente. Sanxenxo conta con 17 bandeiras azuis en praias, o municipio español con maior número", explicou Daniel Arosa.

A limpeza de residuos realizarase sempre que o tempo permita en kaiak e táboas de paddle surf, previa visualización con drons naquelas zonas de difícil acceso, segundo explicou o xerente de Marexada. A actividade incluirá tamén sesións de reciclaxe cos obxectos recolleitos nas zonas costeiras e charlas sobre a protección do medioambiente.

A directora Xeral de Xuventude destacou que se trata da oferta de campos de voluntariado "maior presentada pola Xunta de Galicia con 45 opcións diferentes". Destacou tamén que tras dous anos, recupérase o carácter internacional da convocatoria e que se presenta, ademais de por as accións que se vaian a levar a cabo, como unha forma de dar a coñecer Galicia.

0
0
0
s2sdefault