Concello de Sanxenxo - SANXENXO REVALIDA O SEU LIDERADO EN SENDEIROS AZUIS DE ESPAÑA E SUMA UN NOVO, A RUTA DOS CARBALLOS DE ALDARIZ
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



O alcalde, Telmo Martín, recolleu esta mañá en Madrid os distintivos nun acto da Adeac celebrado no Real Xardín Botánico

Sanxenxo revalida o seu liderado en sendeiros azuis de España e suma un máis, a Ruta dos Carballos de Aldariz, aos seis que xa contan con este distintivo. O alcalde Telmo Martín, recolleu esta mañá o novo selo de calidade nun acto da Adeac celebrado no Real Xardín Botánico de Madrid. "Esta ruta ten un valor especial porque permite dar a coñecer a beleza paisaxística e o interese patrimonial da zona interior do noso municipio. Este distintivo avala a nosa posta en valor dos nosos recursos naturais con máis de 30 quilómetros certificados como sendeiros azuis", asegura Martín.

Esta nova senda de 6.300 metros discorre pola zona máis alta de Bordóns, partindo da parroquia de Padriñán, concretamente do lugar de Aldariz. Entre os puntos de interese que atravesa están a aldea de Aldariz, o Con da Ventureira, Chan da Gorita, Carballeira de Leirana e o núcleo de Bordóns cos muíños de auga e a igrexa parroquial. Este carreiro conta, ademais, con paneis informativos que dividen en dúas partes a ruta circular para dar a oportunidade de facela en dous tramos.

Sanxenxo inaugurou con 4 rutas a súa listaxe de Sendeiros Azuis en 2017: O de Sanxenxo-Portonovo, que transcorre entre os dous núcleos e ten unha lonxitude de 8,61 km; o de Canelas-Punta Cabicastro, que vai desde o extremo máis oriental da praia até os cantís e mide 3,35 km; o de Montalvo-Major, que une ambos os areais pola costa e ten unha lonxitude total de 6,45 km, e o sendeiro máxico da Lanzada, que vai desde a praia de Foxos até A Lapa e unha lonxitude de 3,03 km. En 2018 sumáronse dous novos, o sendeiro Litoral Areas-Punta Festiñanzo, entre Areas e o punto máis ao sur, Punta Festiñanzo, con 1,5 km de percorrido, e o de Paxariñas e Montalvo, que transcorre entre as dúas praias e ten unha lonxitude de 3,35 km.

O Concello aspira a incluír, en próximas convocatorias, a senda fluvial de Dorrón de 3,6 quilómetros que parte desde O Outeiro e ascende a ladeira desde as proximidades da praia de Areas até o Muíño de Xián, e a senda de desde O Bao até A Fianteira, facilitando o percorrido pola costa ao longo de 8 km. Unha ruta que ofrece unhas fermosas vistas do complexo intermareal, e potenciar e mellorar os observatorios de aves e a información sobre os valores ambientais e ornitolóxicos.

0
0
0
s2sdefault