Concello de Sanxenxo - A FACHADA DO CONCELLO DE SANXENXO ILUMINARASE DE AZUL E BRANCO POLO DÍA MUNDIAL DAS URXENCIAS MÉDICAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo súmase á convocatoria da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (Semes), con motivo do Día Mundial das Urxencias e Emerxencias e iluminará de azul e branco a fachada do Concello. O colectivo médico iniciou unha campaña "Nós coidamos de ti, por favor cóidanos", co obxectivo de concienciar a pacientes e sociedade en xeral da importancia de reivindicar a Especialidade de Medicina e Enfermaría de Urxencias en España.

Baixo os hashtags #OrgullodeUrgenciólogo, #EspecialidadUrgenciasYA e #EmergencyMedicineDay, a Sociedade iniciou diversas actividades como: unha campaña en redes sociais, unha páxina web con información respecto diso, e actos de gran calado social como concentracións en diversos Servizos de Urxencias Hospitalarios e o alumeamento de monumentos e edificios emblemáticos de todo o país coas cores das Urxencias. No caso de Sanxenxo, as luces poderán verse na fachada do consistorio municipal.

Recentemente, no marco do 27M, Semes conseguiu o apoio de 30 Organizacións de Pacientes, para instar unha vez máis ao Ministerio de Sanidade a levar a cabo todas as accións que sexan necesarias para o recoñecemento definitivo da Especialidade de Urxencias e Emerxencias como Título Oficial de Especialista en Ciencias da Saúde.

O presidente de Semes Galicia, Jose Manuel Fandiño Ortigueira, afirmou que "moitos dos pacientes que cada día acoden aos nosos servizos de urxencias hospitalarios ou é atendido polos nosos servizos de emerxencias porque tiveron un problema médico urxente, descoñece que non contamos cunha especialidade propia. Por iso, necesitamos que a poboación coñeza o porqué desta petición tan insistente. Porque é por eles, pola súa seguridade".

0
0
0
s2sdefault