Concello de Sanxenxo - SANXENXO REFORZARÁ A SEGURIDADE ESTE VERÁN CON 14 AXENTES MÁIS DA GARDA CIVIL, 35 AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL E A GARDA NACIONAL PORTUGUESA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O alcalde, Telmo Martín, e a subdelegada do goberno, Maica Larriba, copresidieron onte unha xunta local de seguridade

O alcalde, Telmo Martín, e a subdelegada do goberno, Maica Larriba, copresidieron onte unha xunta local de seguridade previa á tempada estival á que asistiu o concelleiro de Seguridade Cidadá, Jaime Leiro, o coronel xefe da Garda Civil, Simón Venzal, así como representantes da Garda Civil, da Policía Local e do servizo de Emerxencias de Sanxenxo.

Ante a previsión dun incremento de visitantes respecto de anos anteriores, Concello e Subdelegación reforzarán os efectivos para garantir que Sanxenxo continúe sendo, tal e como salientaron Martín e Larriba, "un municipio seguro" nunha tempada na que se converte na terceira cidade de Galicia por poboación. Aos 35 axentes auxiliares cos que o Concello reforzará o seu persoal este verán, sumaranse un reforzo sen precedentes en anos anteriores na Garda Civil con 14 axentes, procedentes doutras zonas de España, e a Garda Nacional Republicana (GNR) portuguesa durante os meses de xullo e agosto.

En canto ao nivel de delincuencia en Sanxenxo, as cifras de 2021 incrementáronse lixeiramente, pero con delitos de carácter leve como furtos ou lesións de pouca gravidade. Unha situación similar que se produciu no balance da sinistralidade viaria de 2021 con accidentes de tráfico sen ningún falecido ou ferido de gravidade. Aínda que se detectou un incremento do 20% de condutores positivos en alcol e que a metade das probas que a Garda Civil realizou durante o pasado ano sobre o consumo de drogas foron positivas.

Durante a xunta local de seguridade, tamén se abordou a seguridade marítima e a necesidade dunha especial vixilancia para garantir a convivencia segura entre nadadores e vehículos a motor na lámina de auga.

Tanto alcalde como subdelegada destacaron a colaboración das forzas de seguridade e incidiron en que "tanto Sanxenxo, como a provincia e España son seguros". Martín asegurou que precisamente "ese plus de seguridade é o que atrae a moitos visitantes ao noso concello e é precisamente polo bo traballo que fai a Policía Local, a Garda Civil e vos servizos de emerxencias".

Finalmente, acordouse tamén deixar sen funcionamento a partir do 15 de xuño o semáforo das Salinas na Lanzada ata que pase o verán para evitar retencións na vía rápida.

0
0
0
s2sdefault