Concello de Sanxenxo - MÁIS DE 200 PERSOAS DE SANXENXO E PORTUGAL PARTICIPAN NAS OLIMPÍADAS DE MAIORES NO PAVILLÓN DE BALTAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Representantes de Bulgaria, Eslovenia, Portugal, Hungría e Italia visitan o municipio para interesarse polo proxecto europeo "In Common Sports+: Fit, food and fun for elderly"

O concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, e a concelleira de Urbanismo, Flavia Besada, recibiron esta mañá xunto ao principal investigador do grupo HealthyFit da Universidade de Vigo, José María Cancela, aos representantes de Bulgaria, Eslovenia, Portugal, Hungría e Italia no salón de plenos municipal. Sanxenxo leva promovendo desde hai 22 anos o envellecemento activo e forma parte do proxecto europeo In Common Sports+: Fit, Food and Fun for Elderly!!, do que forma parte o grupo de investigación HealthyFit da Universidade de Vigo.

Arosa deu a benvida aos representantes europeos interesados no programa e convidoulles a coñecer o municipio que moitos xa puideron visitar durante a xornada de onte. "Sanxenxo leva máis de dúas décadas promovendo a actividade física e o benestar dos nosos maiores con actividades que non teñen fins competitivos. O obxectivo é que se manteñan en forma e socialicen", apuntou. Na mesma liña, expuxo que ademais da actividade física, Sanxenxo conta cun Taller de Memoria para que os maiores manteñan activa a mente. O investigador, José María Cancela, que destacou o programa de Sanxenxo como un referente, sinalou que un dos propósitos deste proxecto é "coñecer a adherencia e a motivación que se xera nas persoas maiores a través da competición", ou que leva á posta en marcha de torneos de "deportes adaptados".

Durante esta mañá, o pavillón de Baltar acolleu as Olimpíadas de Maiores con máis de 200 participantes de Sanxenxo e Portugal con xogos e actividades de distinto tipo que fomentan a participación e a axilidade motriz. Petanca, fútbol, voleybol...

A xornada continuará mañá coas explicacións sobre o desenvolvemento do Programa de actividade física e deporte para persoas maiores xubiladas e pensionistas de Sanxenxo ás distintas delegacións na Casa Mariñeira de Don Fernando en Portonovo.

0
0
0
s2sdefault