Concello de Sanxenxo - O PROXECTO "NOVO PORTO DE PORTONOVO" GAÑA O PRIMEIRO PREMIO NO CONCURSO DE IDEAS PARA REMODELAR A ZONA PORTUARIA E A SÚA CONTORNA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Telmo Martín: "A actuación prevista cambiará Portonovo e facilitará o seu progreso turístico e económico"

O proxecto "Novo Porto de Portonovo" alzouse co primeiro premio do concurso de ideas para remodelar a zona portuaria e a súa contorna convocada por Portos de Galicia e o Concello de Sanxenxo. O xurado copresidido polo alcalde, Telmo Martín, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, deu a coñecer esta mesma mañá o fallo no salón de plenos do Concello onde se expuxeron os seis proxectos presentados. Como resultado de todo concurso de ideas, o proxecto pode ser susceptibles de modificacións ou cambios no proxecto final construtivo.

Os proxectos "Dunas" e "Tales" lograron o segundo e terceiro posto no concurso, respectivamente. O primeiro premio está dotado economicamente con 25.000 euros, 10.000 euros para os segundos e 5.000 para os terceiros. A presidenta de Portos incidiu en que as tres propostas gañadoras "expoñen solucións con moito traballo detrás e teñen unha moi boa presentación".

A proposta gañadora, do estudo Redondo Valladares e Rodríguez SLP, está valorada en 13.686.579 euros. Busca a integración do porto, o centro urbano e a praia a través de prazas, espazos peonís e verdes e as melloras da comunicación entre a vila e o porto, así como a potenciación da actividade pesqueira, os deportes náuticos e tradicionais. O alcalde, Telmo Martín, destaca que "a actuación prevista cambiará Portonovo e facilitará o seu progreso turístico e económico".

A actuación prevista será clave no desenvolvemento da actividade comercial e económica de Portonovo apostando pola mellora da calidade de vida dos residentes e por unha mellor integración entre as distintas actividades que sirvan de impulso á vila como polo turístico.

O proxecto gañador reserva 15.533 metros cadrados para espazos peonís e zonas verdes con arboledo de distintos tipo e mobiliario urbano que saliente a humanización dos espazos a través de:

  • Unha gran Praza Central, froito da rectificación do viario que se afastará das fachadas en Rafael Picó, con zona de arboredo e un posible espazo de xogos infantís.
  • Praza do Porto, próxima á lonxa, como punto de reunión de xente relacionada co mar. Crearase un espazo cuberto e un local para a asociación Amigos da Dorna.
  • Unha pequena praza arboredo en Boca do Río que permitirá ampliar a área con prioridade peonil cara a rúa Espiñeiro facendo unha prolongación co parque.

Outra mostra de espazos humanizados é a creación dun noiro axardinado que minimice o impacto visual e mellore a conexión entre Rúa da Mariña e a nova Praza Central ou o paseo perimetral proposto sobre o dique que culmina cun mirado sobre o mar.

Unha clave deste concurso era solucionar o problema de aparcadoiro da vila especialmente no verán. Para iso "Novo porto de Portonovo" propón a creación dun aparcadoiro subterráneo con 300 prazas dispoñibles nunha soa planta.

Para a actividade pesqueira e usos portuarios o proxecto reserva 21.946 metros cadrados. Proponse a demolición do edificio de departamentos situado na Avenida de Pontevedra para recolocar a súa actividade nun novo edificio encostado ao espaldón do dique de abrigo. A fábrica de xeo actual reformarase deixando un amplo espazo de paso entre esta e a nave de redeiras que se situará pegada ao espaldón.

En canto ás actividades náuticas, o proxecto mantén a súa localización actual, e a creación dun pequeno edificio miradoiro con bancadas para acoller a parte administrativa da escola de vela e como solución ao actual problema de movemento de area cara ao paseo. A sede de piragüismo ampliarase nesta contorna. O arboledo, o mobiliario e a iluminación salientarán a integración dos espazos e, á vez, axudarán a delimitar as áreas de uso portuario, lúdico e deportivo.

PANELES A3 NOVOPORTODEPORTONOVO2PANELES A3 NOVOPORTODEPORTONOVO2 copia 2PANELES A3 NOVOPORTODEPORTONOVO3 copiaPANELES A3 NOVOPORTODEPORTONOVO copia 2PANELES A3 NOVOPORTODEPORTONOVO copiaPANELES A3 NOVOPORTODEPORTONOVO3 copia 3

0
0
0
s2sdefault