Concello de Sanxenxo - A ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO DE SANXENXO ORGANIZA ESTE DOMINGO UNHA ANDAINA SOLIDARIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A marcha sairá ás 9:30 do Pazo Emilia Pardo Bazán e os participantes poderán colaborar cun donativo

Retomar a normalidade e as actividades realizadas antes da pandemia ese é o principal obxectivo que persegue a Asociación Española contra o Cancro de Sanxenxo coa andaina solidaria convocada para este domingo. Os participantes poderán colaborar co colectivo cun donativo ou comprar algún obxecto de merchandising que a asociación terá á venda no punto da saída.

A marcha partirá ás 9:30 horas do Pazo de Emilia Pardo Bazán para percorrer os muíños de Aldariz, a igrexa e aldea de Bordóns e regresar de novo ao Pazo por Seixalvo, Reis e Miraflores. O itinerario ten unha lonxitude aproximada de 12 quilómetros e contémplase unha parada na fonte de Aldariz para avituallamento. A asociación colocará nese punto unha carpa con bebida e froita para os participantes.

Trátase da segunda actividade que organiza o colectivo en Sanxenxo. Fai menos dun mes, a Praza dos Barcos acollía a exposición "50 anos cambiando a historia do cancro", cun total de 12 fitos nacionais que marcaron avances científicos importante na loita contra a enfermidade. A presidenta da Asociación contra o Cancro de Sanxenxo, Meli Rodríguez, confía en poder retomar tamén pronto a cea anual que celebraba o colectivo antes da pandemia.

0
0
0
s2sdefault