Concello de Sanxenxo - SANXENXO PORÁ EN MARCHA EN XULLO E AGOSTO O CICLO DE MONOGRÁFICOS "FEITO CON XEITO"
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo porá en marcha, a través do departamento de Animación Sociocultural, un ciclo de monográficos "Feito con xeito" en xullo e agosto para nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria. O horario das actividades será de 10 a 13:30 horas.

En total serán 5 monográficos:

  • Do 4 ao 8 de xullo, Monográfico de Abalorios e Hama Beads na Casa de Cultura de Adina.
  • Do 11 ao 15 de xullo, Monográfico de Cociña no CEIP de Nantes.
  • Do 18 ao 22, Monográfico de Xogos e Xoguetes, na Casa de Cultura de Dorrón.
  • Do 1 ao 5 de agosto, Monográfico de Reciclaxe, nas Canteiras en Noalla.
  • Do 8 ao 12 de agosto, Monográfico Feito con Xeito, na Casa de Cultura de Gondar.

O prezo de cada monográfico é de 15 euros. A inscrición quedará aberta ata cubrir as prazas e deberá facerse de forma presencial no rexistro de O.A. Terra de Sanxenxo ou pola sede electrónica de Terra de Sanxenxo. Será necesario unha copia da tarxeta sanitario e unha copia do libro de familia. Unha vez confirmada a praza, remitirase por correo elctrónico a carta de pago para realizar o ingreso a través da caixa de Abanca ou Banco Sabadell ou, a través, da oficina virtual tributaria do O.A. Terra de Sanxenxo. Tamén se poderá facer por caixeiro automático.

Para máis información deberán porse en contacto co departamento de Animación Sociocultural a través dos teléfonos 986 72 79 36 // 630 56 13 96 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Descargas:
Download this file (FEITO CON XEITO.pdf)[PDF] FEITO CON XEITO[ ]
0
0
0
s2sdefault