Concello de Sanxenxo - SANXENXO VIVIRÁ, DE NOVO, UN INTENSO FIN DE SEMANA CON DOUS GRANDES EVENTOS DEPORTIVOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Campionato de España de Balonmán Praia e o II Rallye de Pontevedra congregarán no municipio a miles de persoas

Sanxenxo vivirá, de novo, un intenso fin de semana con dous grandes eventos deportivos: O Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Balonmán Praia e o II Rallye de Pontevedra. Dúas citas que darán comezo o venres e concluirán este domingo atraendo a miles de visitantes ao municipio.


A organización da competición automobilística, a escuadra Corredoira Team, cifra en case 8.000, as persoas que participarán na proba entre organización, participantes e espectadores. O centro de operacións situarase este ano na contorna da piscina en Portonovo mentres que o espazo para as verificacións habilitarase nun tramo de Rafael Picó, desde a entrada do viario ata o parque de O Espiñeiro, que estará cortado ao tráfico rodado desde primeira hora do venres ata a mañá do domingo. Desde ese punto partirán o sábado pola tarde, ás 19:10 horas, para facer unha proba cronometrada no parque empresarial. A segunda etapa, o sábado, centrarase en Meaño, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro Moraña.


A praia de Silgar acollerá o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Balonmán Praia cun total de 1.600 participantes representantes de todas as comunidades autónomas e o torneo Area 1.000 do prestixioso circuíto Area Handball Tour. A Federación Galega de Balonmán calcula que o evento atraerá a máis de 8.000 persoas durante os tres días que dura o evento. Un total de oito pistas e un estadio central conformarán a montaxe do campionato.
Con estas dúas probas deportivas péchase o intenso calendario deportivo de xuño en Sanxenxo no que se disputaron un total de seis citas deportivas de carácter autonómico, nacional e internaciones en distintas disciplinas.

 

Cartel Rally de Pontevedra 2022CAMPEONATO ESPANA BALOMAN

0
0
0
s2sdefault