Luisa Fariña Escudeiro é a nova responsable da Policía Local tras a xubilación de Manuel Ferreiro Expósito
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Jaime Leiro, deron a benvida aos auxiliares da Policía Local que este verán prestarán servizo na localidade. Un total de 33 axentes que se incorporarán ao persoal da que está á fronte a nova xefa do servizo, Luisa Fariña Escudeiro, tras a xubilación de Manuel Ferreiro Expósito, que tamén estivo na recepción dos axentes.
Fariña, natural de Meis, leva 21 anos traballando en Sanxenxo e conta cun amplo coñecemento e experiencia do funcionamento do servizo. O municipio foi o seu primeiro destino en 1998 como auxiliar e, tras pasar por Cambados, regresou a Sanxenxo en 2001.
O ALCALDE PRESENTA A NOVA XEFA DA POLICÍA LOCAL AOS AUXILIARES QUE SE INCORPORAN ESTE VERÁN AO CORPO

powered by social2s