Concello de Sanxenxo - A CODIA E ARROCERÍA BOCA DO RÍO, GAÑADORES DO "SANXENXO, DEGUSTA TAPAS" NA MODALIDADE CREATIVA E TRADICIONAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Dous restaurantes de Portonovo álzanse cos primeiros premios coas tapas Ovo no Niño e Croquetas de Polbo

Dous restaurantes de Portonovo, A Codia e Arrocería Boca do Río, lograron alzarse cos dous primeiros premios do xurado popular no XII Concurso de Sanxenxo Degusta Tapas na modalidade creativa e tradicional. O primeiro establecemento conquistou ao público con Ovo no Niño e o segundo con Croquetas de Polbo. Os segundos premios foron para Restaurante O Pescador con Brioche de polbo marinado e Asador Aserradero con Pañuelo crujiente de bacalao e os terceiros, en ambas as modalidades, para o Restaurante Xerfa con Mergúllate na Ría e Xantar na Tixola.
Un total de 21 locais participaron nesta edición con 31 propostas gastronómicas diferentes. A calidade e a orixinalidade estiveron presentes en cada unha das máis de 5.000 tapas servidas. O xurado popular formado por aqueles clientes con dereito a voto tras consumir un total de cinco tapas noutros tantos locais diferentes puideron elixir as súas propostas favoritas.

Os clientes que máis consumiron tamén obtiveron premios. Sorteáronse 21 ceas ou comidas nos locais participantes, 10 entradas para o Paris Dakart, 10 visitas guiadas a Adega Eidos con cata e agasallo, 10 viaxes para dúas persoas a Ons, unha estancia dunha noite para dúas persoas con almorzo nun hotel de Sanxenxo, un bono spa con merenda e un circuíto spa.

A cita que cumpriu a súa duodécima edición está plenamente consolidada no calendario de actividades do municipio e conta sempre cun amplo respaldo da hostalaría local. A aposta polo Degusta Tapas foi pioneira na provincia e serve cada ano para abrir boca antes da tempada estival. Algúns locais presentan a súa proposta máis arriscada e outros son máis tradicionais nas súas receitas, pero no que coinciden é na calidade do produto e a coidada elaboración. Os gañadores recibirán un diploma que acredite ser elixidos o voto popular.

Os establecementos que participaron con tapas creativas e tradicionais son A Codia, Arrocería Boca do Río, Asador Aserradero, Cervecería Azor, El Puerto Cervecería, Gabbá, Gastro Bar la Cueva, Galerna Hostal, La Jugosa Burguer Bar, La Portonovesa, Lilaina, Mar do Pintor, Mesón Fontán, O Forno, Pepa A Loba, Restaurante Fidel, Restaurante O Pescador, Restaurante Xerfa, Taberna A Batea, Tapería Tenazas e Terraza del Mar.

0
0
0
s2sdefault