Concello de Sanxenxo - SANXENXO PROGRAMA UN "FESTIVAL CULTURAL" CON MÁIS DE 40 ACTIVIDADES EN 21 LOCALIZACIÓNS DIFERENTES ESTE VERÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Música, teatro, cinema, circo, ilusionismo e arte encherán os espazos públicos do municipio

A concelleira de Cultura, Paz Lago, presentou esta mañá as actividades previstas para este verán. Todo un "festival cultural", segundo expresou, "para vivir na rúa e pensado para todas as idades" en máis de 21 localizacións e con 40 propostas diferentes. Música, teatro, cinema, circo, ilusionismo e arte trasládanse aos espazos públicos como prazas, campos de festas, parques...


O mes de xullo arrincou coas Xornadas Culturais de Abiñadoira e a actuación de Cristina Collazo para dar paso ao Picadiscos de María Faltri. Pero a actividade non para e para esta fin de semana están programados os Relatos eróticos de Vitoria Siedlecky na Casa Mariñeira de Portonovo, o sábado, a partir das 22 horas, e o XII Campionato Mundial de Cochonetas que terá lugar entre a praia dos Barcos e Panadeira.
O próximo 14 de xullo chegará á Praza dos Barcos o Magic Fest da Gala Internacional de Ilusionismo, a partir das 22 horas. O día 15, o Auditorio de Emilia Pardo Bazán acollerá "?De Valdeorras a México. Terra Nosa". A actuación terá lugar ás 11 horas e ás 21 horas o Parque do Espiñeiro de Portonovo acollerá o espectáculo Suma Ikagai de danza e circo.


O 16 de xullo, un conxunto artístico de alborada do centro galego de Mar de Prata encherá Baltar de música e baile tradicional, a partir das 20:30 horas. Ao día seguinte, 17, celebrarase o XIV Festival de Bandas de Música que terá lugar na Praza dos Barcos, a partir das 20 horas.
O 21 de xullo, Roi Casal ofrecerá un concerto na Praza dos Barcos co seu disco "Son galego son cubano" a partir das 22 horas. O circo regresará ao parque do Espiñeiro o 22 de xullo co programa Oh-Pera a partir das 21 horas.


A Muiñada regresará a Dorrón o 24 de xullo a partir das 11 horas na contorna do Muíño da Costa. O 25 de xullo Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre ofrecerá un concerto a partir das 22 horas na Praza dos Barcos.
O 29 Trío Detrés protagonizará un espectáculo musical nas rúas de Portonovo a partir das 21 horas.


Agosto arrincará cun concerto de clásicos do soul, blues e rock, Soft& Real o próximo día 4, ás 22 horas, na Praza dos Barcos. Montalvo acollerá a Feira de Produtos Galegos na praia de Montalvo os días 5, 6 e 7. O Pazo de Emilia Pardo Bazán acollerá tamén o 5 de agosto as audicións de música clásica comentada a partir das 20 horas e o espectáculo de maxia Don Gelati con Dani García, ás 22 horas, na casa de Don Fernando.
O 6 de agosto a Coral Polifónica Santa María de Adina celebrará o seu festival na casa de Don Fernando a partir das 20 horas. O 7 de agosto Arra celebra ou VII Certame de Pintura Rápida que este ano amplían a Portonovo.
Os Black Stones achegarán a música dos 70 o próximo 11 de agosto. A cita será ás 22 horas na praza dos Barcos.
O 19 de agosto volven as audicións comentadas ao Pazo de Emilia Pardo Bazán ás 20 horas. O 20 de agosto, a Praza dos Barcos acolle a celebración do vixésimo aniversario cun concerto aniversario da Banda de Música de Sanxenxo, ás 21:30 horas. Bordóns celebra esta xornada a Festa Labrega.
Sanxenxo na Historia volve un verán máis cunhas xornadas de historia, cultura e tradicións populares os días 29 e 30 de agosto, a partir das 18 horas, no Pazo Emilia Pardo Bazán.
O Cinema na Rúa chegará ás sete parroquias con títulos como "Sonic, a película", "Volando juntos", "Érase una vez"?, "Hasta que la boda nos separe", "Valentina"...
As tradicionais festas populares regresan coas súas verbenas e actos litúrxicos: San Cristóbal, O Carme, San Antonio, San Caetano, Os Dores, A Nosa Señora da Lanzada para finalizar as festas de Santa Rosalía e o Carme. Tampouco faltarán as exposicións na Sala Nauta durante todo o verán.
En definitiva, Paz Lago convidou a veciños e visitantes a vivir "un verán con moito cor e moita festa", tal e como reflicte o cartel da programación elaborado polo Centro de Arte Municipal. Tamén agradeceu unha vez máis a implicación dos colectivos municipais.

[PDF] PROGRAMACIÓN SANXENXO VERÁN 2022

0
0
0
s2sdefault