Concello de Sanxenxo - O SERVIZO DE EMERXENCIAS DE SANXENXO REALIZOU 325 INTERVENCIÓNS NO PRIMEIRO SEMESTRE DO ANO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As situacións de risco de distinto tipo centraron 91 casos das saídas da base

O servizo de Emerxencias de Sanxenxo realizou un total de 325 intervencións no primeiro semestre do ano. O rexistro de actividade distribúe as actuacións segundo tipoloxía: Test, riscos, rescate, incendios, colaboración, accidentes de tráfico e outros, onde se inclúe a retirada de niños de avispa velutina ou retiradas de animais.


As situacións de risco centraron neste seis meses boa parte do traballo do servizo cun total de 91 intervencións por retiradas de postes e cables (22), limpeza de vía (28), escapes de gas (2), risco de caída de elementos estruturais (15), movemento de colectores ou mobiliario (6), caída de árbores ou ramas (8), inundacións (8) e accidentes laborais (2).


En canto aos rescates, o servizo contabiliza ata xuño un total de 9 rescates de animais, 10 en contorna urbana, 3 no rural e 6 no medio acuático. As intervencións por niños de avispa velutina foron 39, por animais (18) e preventivas (16).
Ata 50 incendios de distinto tipo obrigaron a intervir ao servizo. En vehículos (7), urbanos (14), mobiliario urbano (9), marítimo (2), industrial (2), forestal sen vivenda (4), forestal con vivenda (5) e eléctrico (1), entre os máis destacados. Tamén prestaron colaboración nun total de 20 ocasións e en diferentes casos. En canto a accidentes de tráfico, Emerxencias realizou 47 intervencións.
Por días da semana, o rexistro revela un maior número de incidencias os martes (62) e os xoves (67), sendo os mércores (45) e os domingos (43) as xornadas de menor actividade.
O servizo municipal de Emerxencias Sanxenxo é un grupo supramunicipal que intervén ademais de en Sanxenxo onde está a súa base nos municipios de Poio, O Grove e Meaño.

0
0
0
s2sdefault