Concello de Sanxenxo - O CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DA LANZADA ACOLLERÁ A PARTIR DO PRÓXIMO LUNS O CAMPUS DO ATLÉTICO DE MADRID
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Campus do Atlético de Madrid chega o vindeiro luns 18 a Sanxenxo, onde os nenos e nenas da comarca poderán gozar de fútbol, diversión e formación da man de adestradores procedentes da Academia do Atlético de Madrid. O evento terá lugar nas instalacións municipais da Lanzada durante as semanas do 18 ao 23, e do 25 ao 30 de xullo, ambas as en horario de 9:30 a 14 horas. Actualmente, as inscricións continúan abertas para as dúas semanas.

As xornadas están dirixidas a nenos e nenas de entre 5 e 16 anos, que poderán gozar de 6 días de adestramento e competición adaptadas a cada grupo de idade, sempre dirixidas por adestradores da Academia do Atlético de Madrid, que serán os encargados de aplicar a metodoloxía e valores do club branquivermello. Os participantes poderán gozar, durante a semana, dunha actividade paralela, mentres que o sábado terá lugar o peche do Campus, cunha xornada de competicións individuais e grupales que porán a proba as capacidades e coñecementos adquiridos durante a semana. A entrega de diplomas e valoracións técnicas porá o broche final a esta semana de fútbol, formación e diversión.

O Campus do Atlético de Madrid chega a Sanxenxo despois de dar o pistoletazo de saída ao verán en Santiago de Compostela, onde a edición deste ano contou con máis dun centenar de nenos e nenas, e en Viana do Bolo. Ribadeo será a próxima parada deste Campus que se afianza como un dos clásicos da tempada estival en Galicia.
Para máis información:


656 487 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

0
0
0
s2sdefault