Concello de Sanxenxo - A CASA MARIÑEIRA DE DON FERNANDO ACOLLERÁ O DOCUMENTAL “MI PEQUEÑO GRAN SAMURAI”
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



A peza audiovisual relata a historia do novo transexual Ekai Lersundi que se suicidou mentres esperaba a asignación de terapia de substitución hormonal

O laureado documental "Mi pequeño gran Samurai" de Arantza Ibarra chegará este xoves á casa mariñeira de Don Fernando en Portonovo. A peza de 21 minutos de duración describe a historia do mozo trans Ekai Lersundi, que se suicidou en 2018 mentres loitaba coa burocracia ao redor da asignación de terapia de substitución hormonal.

O documental recolle as vivencias dos dous últimos anos tras a morte por suicidio do mozo trans Ekai Lersundi, co obxectivo de reivindicar a súa figura e a loita de moitas outras persoas trans en Euskal Herria.

A curtametraxe inclúe testemuños de Elaxar Lersundi e Ana Martínez, así como de representantes da asociación Naizen (asociación de familias de menores transexuais) e de varios veciños e veciñas de Ondarroa. O groso do filme gravouse o fin de semana do 15 de febreiro de 2019, día no que se celebrou a homenaxe a Ekai, un ano despois da súa morte.

A proxección estará aberta ao público maior de 8 anos até completar aforo. Realizaranse dous pases, ás 20 e ás 21 horas, e un pola mañá para o grupo de voluntariado do departamento de Xuventude.

O documental cultivou 11 premios en distintos festivais e até 67 seleccións dentro e fóra de España.

0
0
0
s2sdefault