Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PORÁ EN VALOR O CON DA VENTUREIRA, O CON DA ROMAÍÑA, A LANZADA E O CHAN DA GORITA CUN PROXECTO DE SINALIZACIÓN E DIVULGACIÓN DO PATRIMONIO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O proxecto valorado en 7.500 euros será sufragado cunha subvención concedida pola Deputación de Pontevedra

O Concello de Sanxenxo quere dar a coñecer e pór en valor o patrimonio cultural do municipio a través de paneis interpretativos cun código QR que conteña un vídeo explicativo das lendas e ritos asociados ao Con da Ventureira, Con da Romaíña, A Lanzada e o Chan da Gorita. O proxecto valorado en case 7.500 euros acaba de recibir unha subvención da Deputación de Pontevedra.


O obxectivo é achegar a veciños e visitantes a riqueza patrimonial do municipio de forma interactiva e tamén a través de catro paneis de materiais resistentes á intemperie e o vandalismo, harmonizados coa contorna natural. Os vídeos terán duracións diferentes e tratarán distintos temas. Así, o Con da Ventureira durará 5´32´´ e o Con da Romaíña, 6´ 40´´, nos que se abordará a mitoloxía e etnografía, A Lanzada, 4´ 50´´, nos que se tratará a historia, a etnografía e a arqueoloxía e o Chan da Gorita, 2´55´´, nos que se falará do seu valor arqueolóxico e etnográfico.
O Concello de Sanxenxo quere deste xeito aumentar a oferta de rutas e de bens patrimoniais visitables que ofrece Sanxenxo, facendo especial fincapé na revalorización do patrimonio inmaterial para aumentar e diversificar a oferta cultural. En definitiva, usar o patrimonio cultural como un catalizador para un maior dinamismo económico e como factor de desenvolvemento local, tanto no cultural como no económico e turístico.

0
0
0
s2sdefault