Concello de Sanxenxo - CONCELLO E ARCEBISPADO NEGOCIAN A FIRMA DUN CONVENIO DE CESIÓN DE USO POR 29 ANOS PARA A REMODELACIÓN DO CAMPO DE FESTAS DE DORRÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Concello de Sanxenxo e Arcebispado de Santiago negocian a firma dun convenio de cesión de uso gratuíto de 29 anos para poder executar a remodelación do campo de festas de Dorrón cunha superficie de 1.407 metros cadrados. Os contactos comezaron hai xa meses e, nestes momentos, están a perfilarse as cláusulas do acordo. O proxecto, que porá en valor este espazo da parroquia para o goce dos veciños, rolda un orzamento de 200.000 euros.
O obxectivo con esta obra é potenciar o valor paisaxístico e natural da contorna, destacando ademais a súa función como miradoiro sobre o val e a costa, así como a súa alameda formada por carballos coa mellora dos espazos de estancia e descanso.
No marco deste convenio, fixaranse, entre outras, as seguintes condicións que, nalgúns casos, obrigan á modificación do proxecto orixinal:  

  • A superficie do campo de festas deberá ser de xabre-cemento ou grava, pero en ningún caso poderá empregarse asfalto ou material semellante. Inicialmente, no proxecto estaba previsto un chan de granito que substituiría o actual chan de asfalto.
  • O palco debe resituarse ao fondo da parcela, mantendo polo menos unha distancia de metro e medio do carballo que hoxe se atopa no medio do palco.
  • As bancadas se ennoblecerán tal e como estaba previsto no proxecto con madeira tratada ou material que non desentone coas características do campo, pero sen que poida procederse á súa derriba.
  • O muro de contención que pecha o campo de festas deberá ser arrombado, respectando a capela existente de uso exclusivo da Igrexa.

Ademais, incluirase un estudo sobre o estado dos carballos da actual alameda como un ben natural a protexer. Pasados os 29 anos de concesión, o convenio irase prorrogando ano a ano de forma automática se ningunha das partes manifesta oposición respecto diso.

0
0
0
s2sdefault