Concello de Sanxenxo - A EXPOSICIÓN DE ANA CANCELA "ESPACIOS LIMINALES EN MI MEMORIA" ENTRA NA SÚA RECTA FINAL NA SALA NAUTA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas


A exposición de pintura de Ana Cancela, titulada "Espacios liminales en mi memoria" entra na súa recta final na Sala Nauta Sanxenxo, situada no Porto Deportivo. A mostra, organizada polo Círculo Cultural de Sanxenxo e enmarcada na programación estival do municipio, inaugurouse o 15 de xullo e poderase visitar ata o 4 de agosto, en horario de 19 a 22 horas.

A exposición está formada por 20 pinturas de gran formato realizadas desde 2017 ata a actualidade. As súas pinturas representan a procura de novas formas de expresión, un proxecto expositivo que busca unir abstracción e figuración, buscando ademais unha connotación no universo galego, os seus códigos visuais, o seu imaxinario, o seu mundo simbólico e o seu patrimonio cultural. Todo naceu dunha casualidade, un encargo, que lle fai penetrarse na fusión destas dúas linguaxes tan diferentes, que lle leva a descubrir un mundo de espazos entrecruzados, liminales, ambiguos que son espazos de transición entre a abstracción e a figuración. Móvese entre imaxes e símbolos provenientes de distintas linguaxes plásticas e espazos temporais.

A autora, Ana Cancela, natural de Dorrón, é graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e licenciada en Psicoloxía. Participou no deseño e pinturas do libro "Ruta do Pai Sarmiento a Santiago rodeando O Salnés" e é a autora do libro "Mulleres entre redes. Do invisible ao visible" da Editorial Alvarellos.

Desde o ano 1994 vén realizando exposicións individuais e colectivas sendo as máis importantes:

  • 2020. Seleccionada para a exposición internacional Gois Oroso Arte 2020. En Portugal, Sala de Exposicións de Góis en xullo e agosto; en Galicia, en setembro en Oroso,
  • 2020. Exposición colectiva  "Arte na Ría?". Espazo Sergio Ribeiro.
  • 2018. Exposición colectiva "Conversas Inesperadas". Sala de Exposicións Pazo Torrado. Cambados
  • 2017. Exposición colectiva "ArTsorey", en Exposalnés, Cambados.
  • 2015. Finalista no Certame Autonómico "Cores con palabras" A Estrada
  • 2014. Seleccionada para participar na exposición colectiva "From portrait to self-portrait. The Artists" Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, A Coruña.
  • 2013. Seleccionada pola galería About Art para participar na exposición, poxa de Arte, "Artistas Galegos". Sala Nauta, Sanxenxo.


Desde o 2000 vén organizando como comisaria exposicións para outros artistas nas Salas de Arte de Sanxenxo, Poio e de Cambados.
En 2020 recibiu o premio "Sanxenxo na Historia" polo seu labor á fronte do Seminario de Estudos Locais de Sanxenxo, un traballo realizado durante unha década na que se promoveu a recuperación dos valores históricos artísticos e culturais do Concello de Sanxenxo, favorecendo o seu coñecemento e a súa divulgación, a través da celebración de xornadas, exposicións, e publicacións.

0
0
0
s2sdefault