Concello de Sanxenxo - A EMPRESA PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN PARA O TRATAMENTO DO PICUDO VERMELLO OFRECE O SERVIZO POR 16.900 EUROS AO ANO NAS 72 PALMEIRAS MUNICIPAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A empresa Serga propón un total de 6 tratamentos ao ano en agosto, outubro, febreiro, marzo, maio e xuño

A empresa proposta de adxudicación para o tratamento do picudo vermello en 72 palmeiras municipais ofrece o servizo por 50.700 euros por tres anos, 14.82 euros por baixo do prezo de licitación. A firma Serga inclúe na súa oferta un total de 6 tratamentos ao ano, 4 tratamentos de ducha foliar e 2 tratamentos de endoterapia. Os meses de aplicación serían: Agosto, outubro, febreiro, marzo, maio e xuño.

Na ducha foliar utilizaranse 20 litros de caldo insecticida por cada palmeira, mediante pértega axustada a unha bomba e na endoterapia colocaranse dispositivos presurizados con macro e microelementos con insecticida asistémico para poder transportar a materia activa a todas as partes verdes da planta. Serán dúas aplicacións por inxección ao tronco e 4 duchas á coroa da planta. A oferta contempla tamén a colocación de 5 trampas húmidas de captura masiva, así como o seu control e seguimento en diferentes lugares do concello que permitirán mellorar a vixilancia da praga.

As palmeiras atópanse nunha situación moi delicada desde o punto de vista fitosanitario, xa que na actualidade son atacadas pola praga causada polo insecto Picudo vermello, xa estendida polo municipio de Sanxenxo. Este insecto debilita enormemente os exemplares afectados, sendo susceptibles de ser atacados por outros parásitos que acaban causando a súa morte.

A retirada e eliminación dos exemplares mortos ten un custo aproximado de entre 500 e 1.000 euros, dependendo do tamaño. E a reposición dos devanditos exemplares tendo en conta o custo das plantas, transporte e plantación rolda entre os 3.000 a 4.000 euros. Por tanto, a reposición dos 72 exemplares existentes no caso de que todos resultasen afectados sería de entre 269.500 a 385.000 euros.

0
0
0
s2sdefault