Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PAVIMENTARÁ A PISTA QUE ENLAZA NOALLA E O CASTRO EN VILALONGA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O proxecto presuposta a actuación en 64.276 euros, dos que 53.121 euros estarán subvencionados por Agader

Co obxectivo de seguir mellorando a rede municipal de estradas e viais, o Concello pavimentará o viario que discorre entre Noalla e O Castro en Vilalonga. As obras incluídas no proxecto permitirán mellorar as condicións do camiño e facilitará o acceso a parcelas agrícolas situadas nas súas marxes.

O orzamento da actuación ascende a 64.276 euros dos que 53.121 euros serán subvencionados por Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) dentro do seu Plan de Mellora de camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2022-2023.

O firme actual é de aglomerado asfáltico que se atopa nun avanzado estado de deterioración. Así, exponse executar unha nova capa de rodaxe sobre o pavimento asfáltico existente para mellorar a calidade e seguridade viaria. Trátase dun viario cunha elevada densidade de tráfico, cunha lonxitude de 1.176 metros e un ancho de plataforma medio entre 4,50 e 5 metros na maior parte do seu percorrido.

Os traballos darán comezo coa limpeza das marxes e apertura de cunetas existentes ao longo do viario. A superficie total a pavimentar será de 5.560 metros cadrados. Establécese un prazo de execución das obras de 1 mes, segundo o programa de traballos establecido.

O Concello sacará en breve os traballos a licitación para realizar o pavimentado deste viario cun prazo de garantía de 12 meses.

0
0
0
s2sdefault