Concello de Sanxenxo - CASE 3.000 PERSOAS ACUDIRON EN AGOSTO ÁS OFICINAS DE TURISMO DE SANXENXO E PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As cifras de visitantes portugueses que solicitaron información turística duplicáronse respecto de veráns anteriores

Un total de 2.983 visitantes acudiron no mes de agosto ás oficinas de turismo de Sanxenxo e Portonovo en busca dalgún tipo de información do destino. O 64,64% elixiron o municipio como destino vacacional por primeira vez e o 35,36% xa estiveran con anterioridade. As cifras revelan un incremento do 1% respecto a 2019 e un importante crecemento do turismo internacional, especialmente, Portugal.

En canto á procedencia dos visitantes que se pasaron polas oficinas de turismo, no territorio nacional está á cabeza Madrid (702), País Vasco (406), Castela e León (343), Galicia (246) e Cataluña (227). Ademais, hai doutros lugares como Asturias (128), Andalucía (109), Aragón (91) e mesmo de Canarias (22) ou Baleares (3). Do estranxeiro, destaca Portugal (228), Francia (61, Inglaterra (18), Alemaña (18) ou Venezuela (10).

A oficina de Portonovo rexistrou unha maior actividade que a situada no porto deportivo de Sanxenxo en agosto. Concretamente, un 38,41% máis de visitas. En canto ao perfil de idade que acode a estes puntos de información, mantense no rango de idade entre 35 e 60 anos (1.632) como o máis habitual fronte aos de 18 e 35 anos (306), menores de 18 (629) ou maiores de 60 anos (416). A maioría dos que se pasaron polas oficinas de turismo en agosto aloxáronse en hotel (46,36%), un 28,35% en apartamento, un 8,97% en barco ou caravana, un 8,33% en cámping, un 1,18% nunha casa rural e un 0,85% nunha pensión.

A información máis solicitada foi sobre puntos de interese turístico (72,01%), viaxes a illas en barcos (7,69%), cultura, festas ou actividades (5,88%), un plano (5,77%), natureza, praias ou sendeirismo (4,81%) e gastronomía, adegas ou restaurantes (1,60%)

0
0
0
s2sdefault