Concello de Sanxenxo - OS SOCORRISTAS REALIZARON EN AGOSTO UN TOTAL DE 6.526 INTERVENCIÓNS NAS PRAIAS DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



O 27% de atencións foron por picaduras de faneca con Silgar, Areas, Canelas e Montalvo á cabeza

O servizo de Salvamento e Socorrismo realizou durante o pasado mes de agosto un total de 6.526 intervencións nas praias de Sanxenxo. Un total de 80 efectivos encargáronse de vixiar por terra e mar os areais para garantir a seguridade e a atención dos bañistas.

As picaduras de faneca supuxeron o 27% das atencións con 1.774 casos. As praias con máis volume de bañistas como Areas (313), Silgar (377), Canelas (242) e Montalvo (209) concentraron o maior número. Os socorristas realizaron 929 avisos por incumprimentos dalgún dos artigos da ordenanza de praias que entrou en vixencia en Sanxenxo este verán.

As atencións por feridas tamén foron numerosas alcanzando os 767 casos. Dos que 144 rexistráronse en Silgar; 64, en Baltar; 67, en Canelas e 64, en Areas. Tamén se realizaron intervencións por contusións (43), picaduras de ourizo (81), escordaduras (19), problemas en ollos e oídos (85), picaduras de insecto (99), baixadas de tensión (79), reaccións alérxicas (20) e rescates acuáticos (7).

En canto a intervencións das embarcacións, realizáronse até 361 avisos por infraccións de embarcacións dos que 222 foron en Silgar; 75, en Canelas e, 28, en Caneliñas. Os avisos por saltos desde rocas ou lugares elevados obrigaron a actuar en 25 ocasións e as axudas a embarcacións, 28. Ademais, durante o mes de agosto os socorristas actuaron en 14 rescates acuáticos.

Setembro
O servizo de socorrismo permanecerá ata o 15 de setembro nas praias de Areas, Silgar, Canelas e Montalvo en horario de 12 a 20 horas. Durante as dúas primeiras fins de semana deste mes, as praias de Foxos e A Lanzada tamén contarán con vixilancia.

0
0
0
s2sdefault