Concello de Sanxenxo - UN TOTAL DE 2.084 ALUMNOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA, SECUNDARIA E BACHARELATO COMEZAN HOXE AS CLASES EN SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un total de 2.084 alumnos de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato comezaron hoxe as clases no municipio. Deles 366 pertencen ao ciclo de Infantil (0-3 anos), 851 a Educación Primaria, 697 a Educación Secundaria e 260 a Bacharelato.

A normalidade volve este curso ás clases tras dous anos marcados pola pandemia. As direccións dos centros apuraron estes últimos días a colocación de novo material, recolocación de aulas e desdobres de clases para ter todo a punto para o arranque do curso.

Co obxectivo de manter as entradas e saídas dos colexios de forma ordenada, a Policía Local volverá estar presente, pero pídese a colaboración das familias para que se realicen sen atascos e inconvenientes.

O CEIP de Portonovo terá dispoñibles todas as entradas de acceso ao centro, a do Espiñeiro e as de Rúa Areal. Os operarios das obras de humanización da contorna do colexio e do mercado de abastos ultimaban onte os novos peches e acondicionaban a zona para garantir o acceso ao centro con total seguridade mentres continúen os traballos.

En Nantes, o peche do pavillón concluirá a finais de outubro debido a un atraso na subministración do aluminio da carpintaría exterior que impide que os traballos se rematen como estaba previsto. A obra cuxo custo ascende a 250.000 euros xa conta co cerramento exterior e os aseos interiores completados.

A Concellería de Educación en colaboración co departamento de Obras e Servizos acometeron como cada ano traballos de mantemento nos 6 centros educativos públicos do municipio para mellorar o confort de alumnos e profesores durante o curso.

0
0
0
s2sdefault