Concello de Sanxenxo - O INSTITUTO DE VILALONGA IMPARTE POR PRIMEIRA VEZ O CICLO DE FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL DE HOSTALERÍA E RESTAURACIÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Mentres se reforma o colexio do Cruceiro, sede definitiva do módulo, os alumnos recibirán as clases no instituto e realizarán as prácticas nun hotel

Sanxenxo levaba moitos anos demandando un ciclo de formación en hostalaría e restauración. Por fin se fixo realidade, de feito xa se cubriron 11 prazas das 18 dispoñibles, aínda que o prazo de matriculación conclúe o 23 de setembro.

Durante este primeiro curso e, mentres leva a cabo unha profunda reforma do colexio O Cruceiro, as clases teóricas vanse a impartir no instituto de Vilalonga e as prácticas no hotel Pedramar, un establecemento de 3 estrelas situado en Soutullo, Noalla. O ciclo componse de 2.000 horas lectivas repartidas en dous cursos. As prácticas realizaranse os luns pola mañá e o martes en horario de mañá e tarde.

O Concello chegou a un acordo con este hotel que dispón dunhas boas instalacións que inclúen unha cociña totalmente equipada, almacén, aseos, vestiarios e unha ampla sala entre outras dependencias. O Concello vai destinar 12.300€ ao aluguer do establecemento e 5.000€ para o transporte en autobús dos alumnos entre o instituto e o hotel. O Concello, como fai co resto dos centros educativos, tamén se vai a encargar da limpeza das instalacións.

O proxecto de reforma do vello colexio de Vilalonga está valorado en 1,5 M€ e o Concello aspira a financialo con fondos europeos Next Generatión. Trátase dunha actuación importante que converterá o antigo colexio nun equipamento socio educativo moderno, dotado con sistemas enerxéticos sustentables e con 3 espazos diferenciados, o centro de xubilados (360 m2), a biblioteca (220 m2) e a escola de turismo (550 m2) onde se incluirán as instalacións do ciclo de hostalaría e restauración.

Tamén está prevista a recuperación urbanística da parcela de 4.620 m2 que rodea o edificio e a derriba das edificacións que carecen de aproveitamento, ademais da creación de 64 prazas de aparcadoiro no centro do núcleo urbano de Vilalonga.

0
0
0
s2sdefault