Concello de Sanxenxo - A FACTURACIÓN DO PARKING DE NAUTA EN AGOSTO CRECE UN 24% CON RESPECTO A 2019
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



A recadación nos 8 meses que levamos de 2022 xa suma a segunda mellor facturación desde a súa apertura e a só 14.000€ do mellor ano.

O parking de Nauta pechou en agosto a mellor facturación da súa historia con 182.647 euros recadados, un 24% máis que en 2019 (146.762 €). As boas cifras económicas cultivadas ao longo do que levamos de ano aseguran unha marca nas instalacións. En tan só oito meses o parking suma a segunda mellor facturación desde a súa apertura a só 14.000 euros da mellor en 2019, polo que nos catro meses que quedan para acabar o ano superarase amplamente.

A estancia media de vehículos no parking roldou as tres horas e a media diaria de entradas totais foi de 1.149 vehículos. A planta interior do parking acolleu unha media de 891 coches e a exterior, a da Praza do Mar, 258. Nas fins de semana de agosto, a facturación incrementouse considerablemente respecto ao resto da semana superando algúns días os 7.000 euros.

O incremento da facturación ao longo do ano está a ser compatible coas dúas horas gratuítas que gozan desde 2020 os veciños empadroados no municipio para facilitar así a realización de xestións e compras na localidade. En concreto, o número de veciños abonados a este sistema suman xa 3.079.

LIXO

Doutra banda, en agosto recolléronse 2.122.640 quilos de lixo en Sanxenxo, un 0,3% menos que en 2019. No conxunto do verán (xuño, xullo e agosto) retiráronse 5.113.018 quilos de residuos, o que supón un 2,2% máis que no mesmo período de 2019. As cifras tanto de recollida de lixo como da facturación do parking son novos datos que veñen confirmar o incremento da actividade turística deste verán.

0
0
0
s2sdefault