Concello de Sanxenxo - CULTURA E EDUCACION ABRE O PRAZO DE INSCRIPCION DA ESCOLA MÚSICA, O CENTRO DE ARTE E A LUDOTECA QUE SUMAN 500 PRAZAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Cando todo sobe de prezo Sanxenxo mantén conxelado o custo destas actividades desde o ano 2017

A concellaría de Cultura e Educación abre hoxe martes o prazo para a inscrición na ludoteca, a escola de música e o centro de arte que ofrecen 500 prazas. Sanxenxo dispón dunha oferta de actividades educativas complementarias de calidade, razón pola que a demanda vén superando a dispoñibilidade de prazas.

Mesmo aínda que se dobrou o seu numero, é o caso da escola de música que pasou das 112 dispoñibles en 2018 aos 225 alumnos que poderán incribirse este ano. Pero como os alumnos do ano pasado teñen dereito a renovar automaticamente a súa inscrición só quedan 10 prazas por cubrir. E como a demanda superará esta cifra, créase unha lista de espera por se durante o curso prodúcese algunha baixa.

Sanxenxo mantén conxelado desde hai 6 anos en 8€ mensuais o custo da ludoteca, 9 € a escola de arte e entre 20 e 40 € a escola de musica segun o nivel académico. Unhas tarifas difíciles de atopar noutros concellos e que as familias agradecen, especialmente cando todo sobe e a inflación está disparada. A concelleira Paz Lago "tentamos ofrecer ás familias unha oferta educativa de calidade a un prezo moi alcanzable, é o noso gran de area"

A inscrición da ludoteca (240 prazas) e o centro de arte (40 prazas) pode facerse de maneira presencial no rexistro do Concello ou na sede electrónica https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal/ facilitando copia do libro de familia ou no seu caso o título de familia numerosa.

Para formalizar a inscrición en calquera das especialidades que ofrece a escola de música hai que solicitalo de maneira presencial no Pazo Emilia Pardo Bazán ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. As especialidades que se impartirán no curso 2022/23 son: Iniciación musical (3 e 4 anos), música e movemento (5 e 6 anos), linguaxe musical e instrumento (a partir de 7 anos). As materias instrumentais son: óboe, frauta, clarinete, saxofón, fagot, trompa, trompeta, trombón, tuba/bombardino, percusión, violoncelo, contrabaixo, guitarra e piano.

0
0
0
s2sdefault