Concello de Sanxenxo - O MINISTERIO DE FACENDA FINALIZA O PLAN DE AXUSTE AO QUE ESTABA SOMETIDO SANXENXO DESDE 2012
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un plan que obrigou a unha contención do gasto e unha estabilidade orzamentaria que será a norma de aquí en diante.

O Ministerio de Facenda aceptou a solicitude do Concello para dar por finalizado o plan de axuste económico ao que estaba sometido Sanxenxo desde o ano 2012. Transcorreron 10 anos nos que Sanxenxo fixo un exercicio de prudencia na xestión económica que lle permitiu reducir a súa débeda dos 13,1 M? do ano 2012 á situación actual que é de débeda 0.

A situación de equilibrio económico actual é o resultado do esforzo de catro gobernos, o presidido por Catalina González entre 2012 e 2015, o cuadripartito liderado por Gonzalo Pita entre 2015 e 2017 e os dous gobernos de Telmo Martín entre 2017 e 2022.

En 2012 o plan de axuste obrigou a tomar decisións moi difíciles que levaron importantes recortes nalgúns servizos que aos veciños loxicamente custoulles entender. Tamén, houbo que establecer unha disciplina no control do gasto que nos permitiu alcanzar a situación de equilibrio actual. Sanxenxo é un concello que paga aos seus provedores sen atrasos e que deixou atrás, definitivamente, a época das facturas esquecidas nos caixóns que entón era tan habitual no conxunto das administracións.

Desde 2017 Sanxenxo foi capaz de compaxinar a redución da débeda coa baixada de impostos até o mínimo (IBI 0,40% e 95% bonificación de plusvalía en residencia habitual) o impulso de numerosas actuacións no sete parroquias en colaboración con outras administracións e a mellora dos servizos municipais como gardarías, centro de día, SAF, escola de música, piscina municipal, reforzos de verán, etc.; actuacións de interese social que só serán posibles mentres o Concello manteña contida a súa débeda.

Avecíñanse tempos malos para a economía, pero Sanxenxo afróntaos nas mellores condicións. Aproveitamos os últimos anos para impulsar proxectos que os veciños levaban demandando desde hai moitos anos, imos modernizar a rede de saneamento, depuración e abastecemento de auga grazas ao convenio con ACUAES e as melloras que terá que facer a nova concesionaria. Entre ambas as actuacións supoñen un investimento superior a 30 M€ e, por último, temos unha situación de equilibrio económico que nos dá unha marxe para poder amortecer os malos tempos.

0
0
0
s2sdefault