Concello de Sanxenxo - 7 CONSTRUTORAS PRESENTARON OFERTAS PARA REALIZAR AS OBRAS DO BULEVAR DE PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O bulevar completará a transformación da estrada PO-308 na gran avenida que vertebra Sanxenxo.

Onte finalizou o prazo para a presentación de ofertas para a execución do bulevar de Portonovo, concurso ao que se presentaron 7 empresas. O goberno espera ter unha adxudicaria deste proxecto en outubro e, por tanto, que as obras poidan iniciarse a finais de novembro ou principios de decembro. Un dos aspectos que vai valorar a mesa de contratación é o plan de traballo que propón cada empresa para que as molestias inevitables en calquera obra, máis se se trata dunha travesía urbana nunha zona de gran actividade comercial, sexan as menos posibles.

O proxecto, valorado en 2,3 M€ e que se vai á financiar ao 70 e 30% entre a Conselleria de Infraestruturas e o Concello, abarca un tramo de 810 metros. No que se vai a substituír a rede de saneamento, abastecemento de auga, separación de pluviais, iluminación e redes telefónicas. A mellora e ampliación dos espazos peonís e a ordenación do tráfico coa creación de dúas novas rotondas á altura da estrada de Adina e a rúa da Perla, un illote central que separa ambos os sentidos da circulación e o axardinamento e arboledo da travesía.

Unha das prioridades do goberno está cada vez máis preto de cumprirse, converter a estrada PO-308 entre A Granxa e A Lanzada na gran avenida que vertebra Sanxenxo. Transformar un tramo de 18 km de estrada na gran rúa, diminuíndo a velocidade dos vehículos e dando maior protagonismo aos espazos peonís. Cinco anos despois, estamos a piques de adxudicar o último tramo, a travesía de Portonovo. Antes mellorouse a seguridade viaria entre A Granxa e Sanxenxo, a humanización da rúa Progreso  e se creou unha senda peonil entre Canelas e A Lanzada.

A humanización da contorna do mercado e o colexio (na súa recta final), a reforma integral do boulevard e a mellora do porto e a fachada marítima prevista na próxima lexislatura vai supor unha transformación urbanística total da vila mariñeira, o que beneficiará a calidade de vida dos seus veciños e converterá Portonovo nun lugar máis atractivo para os visitantes. A estas actuacións súmanse a mellora da praza Méndez Núñez (coñecida como praza Picamillo) e do colexio de Portonovo xa realizadas e a reforma do pavillón de deportes.

0
0
0
s2sdefault