Concello de Sanxenxo - O ASFALTADO DO VIARIO QUE COMUNICA CONTUMIL COA AUTOVIA E OS NUCLEOS URBANOS DE SANXENXO CONCLUIRÁ ESTA SEMANA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación entre O Vinquiño e Contumil súmase á humanización do Santo e as melloras na igrexa de Santa Eulalia as tres na parroquia de Nantes


Os traballos de asfaltado e pintado do viario que comunica Contumil coa autovía e as vilas de Sanxenxo, Portonovo e Vilalonga está previsto que conclúan esta semana. Contumil é un dos centros neurálxicos da parroquia de Nantes porque concentra varios equipamentos moi concorridos: o colexio, a Cultural de tenis, a pista deportiva cuberta, a casa de cultura, o edificio da comunidade de montes e unha zona de desfrute con parque infantil.

A zona estaba moi mal comunicada co resto do Concello, tiña unha pista estreita, bacheada e sen espazo algún para os peóns. O investimento de 506.939€ procedentes do plan de concellos da Deputación permitiu transformar unha pista en mal estado nun viario de 8 metros cunha senda peonil de dous metros de ancho e de formigón colorado. Así mesmo mellorouse a rede de saneamento e instalouse unha rede de pluviais da que carecía. Tamén se dotou de iluminación (35 farois) en todo o seu percorrido e creouse unha zona de descanso con bancos e árbores.

No últimos tres anos o Concello realizou actuacións nos tres núcleos principais da parroquia de Nantes. No lugar do Santo, onde se fixo unha actuación de humanización e recuperación urbanística da contorna da Ermida de San Juan. Posteriormente rehabilitouse a igrexa de Santa Eulalia cun resultado espectacular, non só se solucionaron os problemas de humidade da cuberta, tamén se mellorou a fachada do edificio. Hai que lembrar que esta igrexa, deseñada polo arquitecto pontevedrés Daniel de la Sota, é un ben protexido por Patrimonio. E, por último, están a rematarse as obras de humanizacion e mellora do viario que conecta Contumil con O Vinquiño.

0
0
0
s2sdefault