Concello de Sanxenxo - SANXENXO SUMA 240.000 PERNOITAS EN AGOSTO, O QUE SUPÓN O 15% DE GALICIA E O 35% DA PROVINCIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo consolida o seu liderado no verán, incrementando 2 puntos a súa cota de mercado galego e provincial con respecto á prepandemia.

Segundo o INE en agosto Sanxenxo alcanzou as 239.515 pernoitas hostaleiras, un 0,3% menos que en 2019. Aínda que por diante de Santiago de Compostela que sumou 206.665 en ano Xacobeo e A Coruña con 130.907 pernoitas e dobrando as 116.849 de Vigo que ocupou o cuarto posto a nivel galego.

As pernoitas hostaleiras en Sanxenxo son só unha parte do total das prazas de aloxamentos turísticos. As 11.054 segundas residencias, as 2.354 vivendas turísticas e os 12 cámpings suman 82.000 prazas de aloxamentos a maiores das prazas hostaleiras.

As 239.515 pernoitas hostaleiras de agosto supoñen o 14,9% do total de Galicia (1.614.359) e o 34,7% da provincia (690.302). En ambos os casos supón un incremento substancial da cota de mercado xa que antes da pandemia sumabamos no verán o 13% de Galicia e o 33% da provincia.

Se facemos un balance do que levamos de tempada alta de turismo (faltan os datos de setembro) e comparámola co 2019, o mellor ano turístico até agora, vemos que desde maio até agosto Sanxenxo sumou 583.437 pernoitas hostaleiras case 2.000 máis que antes da pandemia.

Pernoitas hoteleras

2019

2022

Maio

49.404

53.160

Xuño

87.619

87.343

Xullo

197.788

203.419

Agosto

246.657

239.515

 

SUMA

 

581.468

 

583.437

0
0
0
s2sdefault