Concello de Sanxenxo - A REFORMA INTEGRAL DO PAVILLÓN DE DEPORTES DE BALTAR AVANZA UNHA VEZ CONCLUÍDOS OS TRABALLOS DE CIMENTACION DA NOVA CUBERTA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A mellora da accesibilidade, o illamento, a acústica e a pista deportiva son os principais obxectivos desta actuación.

A obra de reforma do pavillón de Baltar financiada pola Deputación e o Concello suporá un investimento de 1.071.431 euros, dos que o organismo provincial achega 803.573 € e Sanxenxo 267.857 € mediante a firma do convenio do Plan ReacPon.

Nas súas primeiras semanas de traballo a empresa adxudicataria centrouse na cimentación da sobrecuberta, formada por unha chapa de aceiro prelacada con illamento térmico de la mineral que permitirá mellorar a temperatura do pavillón en calquera estación do ano. Tamén está previsto abrir novos ocos na fachada para mellorar a iluminación e a ventilación natural. Ademais, contémplase a instalación de ventilación con renovación de aire mediante sistemas enerxéticos eficientes.

A actuación inclúe a colocación dunha nova pista de madeira sobre dobre taboleiro contrachapado e apoiada sobre elementos de caucho. Este sistema xera unha cámara de aire entre o soporte e o pavimento de madeira, mellorando a práctica deportiva. O proxecto, tamén, contempla a mellora da accesibilidade coa instalación dun ascensor e un novo tramo de escaleira que facilitará a evacuación en caso de emerxencia.

O equipamento deportivo inclúe a instalación dun xogo de canastras colgadas e motorizadas, cun taboleiro de metacrilato electrónico e aros basculantes. Finalmente, o proxecto tamén resolverá un dos maiores problemas que presentaba o recinto, a súa mala acústica. Até o punto de que a pesar da capacidade do pavillón resultaba moi complicada a súa utilización para actos públicos ou eventos.

0
0
0
s2sdefault