Concello de Sanxenxo - SANXENXO CONTOU CON MÁIS DE 20 AXENTES LOCAIS NOS CONTROIS NOCTURNOS DE FIN DE SEMANA ESTE VERÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



Un acordo de colaboración cos concellos de Vilagarcía, Cambados e A Illa permitiu reforzar o servizo con 25 policías locais

Sanxenxo garantiu este verán a seguridade diúrna e nocturna cun importante reforzo do seu persoal da Policía Local. Ao persoal fixo, sumáronse este verán 25 axentes, grazas a un acordo de colaboración cos municipios de Vilagarcía, A Illa e Cambados, durante os meses de xullo e agosto e 33 auxiliares. A experiencia destaca a xefa da Policía Local de Sanxenxo, Luisa Fariña, foi "moi satisfactoria pola gran implicación e profesionalidade dos axentes".

Un acordo de colaboración que o Concello de Sanxenxo espera poder repetir en próximos veráns cando a poboación do municipio se cuatriplica debido ao elevado número de visitantes que se rexistra durante a época estival. Os reforzos dos operativos de seguridade permitiron ampliar a presenza policial durante os controis nocturnos con máis de 20 axentes durante as fins de semana sen que iso supuxese unha diminución nas vixilancias diúrnas.

Sanxenxo tivo un verán tranquilo e seguro, pese ao incremento de poboación. A presenza policial nas rúas foi un factor crave para previr e garantir a convivencia entre o descanso e o lecer nocturno.  "Houbo desde o primeiro momento unha boa coordinación do persoal e os axentes de reforzo o que facilitou moito o traballo na rúa", explica Luisa Fariña.

O goberno agradece a boa disposición dos concellos veciños que facilitaron que os seus traballadores puidesen desprazarse a Sanxenxo para as xornadas de reforzo e a colaboración da Xunta de Galicia na contratación dos auxiliares da Policía Local, así como o esforzo realizado por parte da Garda Civil durante o período estival. A colaboración institucional e das forzas de seguridade permitiu o desenvolvemento turístico con normalidade.

0
0
0
s2sdefault