Concello de Sanxenxo - O CIM DE SANXENXO INICIA A SÚA PROGRAMACIÓN CON TALLERES E FORMACIÓN SOBRE IGUALDADE E EMPODERAMENTO FEMININO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



O IES de Vilalonga contará mañá cun punto violeta da campaña "Agresión off: Eu digo non á violencia sexual"


O Centro de Información á Muller (CIM) inicia a súa programación con talleres e formación sobre igualdade, o empoderamento feminino e contra a violencia de xénero como actividades previas á conmemoración do 25-N.

O IES de Vilalonga contará mañá, entre as 10 e as 14 horas, cun punto violeta da campaña "Agresión off: Eu digo non á violencia sexual" dentro do acordo de colaboración asinado pola Secretaría Xeral de Igualdade e a Fegamp.

As sesións de educación afectivo sexual como prevención da violencia de xénero comezarán este venres nos centros educativos municipais. Co proxecto  "Quéreme menos e quéreme mellor", subvencionado pola Deputación de Pontevedra, búscase previr a violencia machista en idades temperás cun total de 300 horas repartidas en 4 meses.

A formación en igualdade chegará tamén ao Taller de Memoria de Sanxenxo. O CIM realizará sesións de difusión e sensibilización durante o mes de outubro contra a violencia de xénero.

A programación do Centro de Información á Muller inclúe un taller de Empoderamento Feminino e Autoestima que impartirá Silvia Fernández De Luna na Confraría de Pescadores de Portonovo. As prazas son limitadas e as mulleres que queiran asistir poden inscribirse no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata o 14 de outubro. Traballaranse técnicas de respiración consciente, recoñecemento corporal, aromaterapia e de desconexión emocional. As clases serán o 21 e 28 de outubro ás 17 horas e o 4 e 11 de novembro ás 19 horas.

0
0
0
s2sdefault