O programa +Xuventude arrinca con seis liñas de actuación centradas na atención e asesoramento, participación, voluntariado, información xuvenil, formación non formal e concursos e exposicións. Os mozos de entre 12 e 30 anos interesados en participar deberán inscribirse na Casa de Don Fernando en Portonovo. O horario de atención serán os luns en horario de mañá e tarde, os martes, venres e sábado en horario de mañá e os mércores e xoves en horario de tarde. Para máis información, pódese contactar a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 986 724 297. O programa conta xa con máis de 200 mozos inscritos, 50 deles participan no programa de voluntariado.
+XUVENTUDE INICIA A SÚA PROGRAMACIÓN CON SEIS LIÑAS DE ACTUACIÓN E MÁIS DE 200 MOZOS INSCRITOS

powered by social2s