Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO INSTALARÁ TRES NOVOS COMPOSTEIROS COMUNITARIOS E LICITA A COMPRA DE DÚAS BIOTRITURADORAS PARA PODAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Ambas as actuacións estarán cofinanciadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation

Sanxenxo avanzará no tratamento dos residuos orgánicos coa instalación de tres novos composteiros comunitarios e dúas biotrituradoras para podas. Ambas as actuacións estarán cofinanciadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation, ao 90%. O Concello deberá asumir o 10% da actuación e o custo do IVE. O investimento previsto ascende a 90.517 euros.

Os tres centros de compostaxe adxudicados por 41.824 euros sumaranse ao que existe actualmente no parque do Espiñeiro en Portonovo e situaranse nos parques de Nantes, de Xuncabranca (Vilalonga) e de Adina. Coa posta en marcha desta rede de composteros comunitarios búscase xestionar a fracción orgánica dos residuos municipais dun modo máis sustentable minimizando a cantidade de fracción orgánica que se deposita na bolsa resto.

Deste xeito, rebáixanse os residuos enviados a Sogama, de modo que se rebaixa a contaminación e emisión de CO2 xerada durante o seu transporte e xestión. O obxectivo é, ademais, colaborar na sensibilización ambiental dos veciños da zona de influencia do compostero comunitario axudando a xerar conciencia da necesidade e a importancia de dar unha saída correcta e sustentable aos residuos xerados no fogar.

Para as dúas biotrituradoras, o Concello sacou a licitación a compra por 48.692 euros. O obxectivo é tratar os restos de poda e utilizalos como material estructurante dos biorresiduos nos composteiros comunitarios. Con estas dúas actuacións prevese reducir un 40% as emisións de gases efecto invernadoiro no municipio.

LOGOS PLIEGO COMPOSTAJE

0
0
0
s2sdefault