Concello de Sanxenxo - O CONCELLO CONSTRUIRÁ EN NANTES DÚAS PISTAS DE PETANCA NUNHA LEIRA MUNICIPAL DA CACHADA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O proxecto inclúe un paseo de acceso e unha zona de aparcadoiro para aproximadamente dez vehículos

Sanxenxo contará con dúas pistas de petanca en Nantes. O Concello xa dispón dun proxecto que sacará proximamente a licitación que contempla dous terreos de xogo, unha senda de acceso e un aparcadoiro para aproximadamente dez vehículos.

O obxectivo é ampliar o abanico de oferta deportiva no municipio, un hábito de vida saudable e potenciar os xogos tradicionais como xa ocorre co campo de billarda, situado na contorna do colexio nun terreo dos comuneiros de montes cedido para a actividade.

O proxecto inclúe unhas actuacións previas á execución das pistas como a roza e limpeza de toda a parcela de actuación, así como podas manuais dalgunhas ramas de árbores existentes na leira, que entorpecen as pistas e o paseo de acceso.

En canto ás pistas, colocarase un bordo prefabricado tipo xardín (50x20x5) sobre formigón en masa sobre a que se realizará unha base de grava compactada, unha lámina geotextil e unha capa de area morterenca.

O paseo ou camiño de acceso será de zahorra-cemento granítico de cor avermellada compactado e o aparcadoiro habilitarase con estacionamentos en batería sobre zahorra-cemento de cor avermellada. Unha liña de lastros delimitará a decena de prazas.

O orzamento para esta actuación ascende a 10.385 euros, o prazo de execución das obras é dun mes e a garantía das obras deberá ser de 12 meses.

0
0
0
s2sdefault