Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DERRUBA OS VESTIARIOS, OS ASEOS E A CANTINA DO VELLO CAMPO DE FÚTBOL DE DORRÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os traballos teñen un custo de 38.381 euros e inclúen o desmonte para aproveitar ao máximo o novo espazo do equipamento deportivo

O Concello de Sanxenxo iniciou esta semana a derriba dos vestiarios, aseos e cantina do vello campo de fútbol de Dorrón. Os traballos, cuxo custo ascende a 38.381 euros, inclúen tamén os desmontes necesarios para aproveitar ao máximo o novo equipamento deportivo, así como o acondicionamento da parcela.

A demolición destas edificacións foi supervisada polo alcalde, Telmo Martín, e é o paso previo á licitación do novo proxecto que se atopa en fase final de redacción. As novas instalacións contemplan, no exterior o acondicionamento das zonas anexas ao campo cun aparcadoiro con aproximadamente 30 prazas. En canto ao muro perimetral que pecha as instalacións contémplase a mellora do xa existente e a construción dunha parte nova na zona na que se amplía a parcela.

A entrada ao campo mantense e nela situarase unha nova cantina e aseos para o público. Diante destas novas instalacións resérvase un amplo espazo de estancia desde onde se poderán divisar os partidos aproveitando a altura nesa zona da parcela.

No terreo de xogo colocarase céspede artificial de última xeración con rega sobre unha base de aglomerado en quente e catro torretas de iluminación led alumarán o campo. En canto ao equipamento deportivo, colocaranse as portarías e os bancos.

As bancadas actuais acondicionaranse cunha nova cuberta e construiranse dous novos vestiarios para os equipos e dous para os árbitros. Nesa mesma edificación inclúese un almacén e unha oficina.

0
0
0
s2sdefault