Concello de Sanxenxo - O CONCELLO RENOVARÁ 300 METROS DO VALADO DE AREAS TRAS CONCLUÍR OS TRABALLOS NA PRAIA DE MAJOR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 O Concello de Sanxenxo concluíu esta semana a renovación do valado de protección dunar na praia de Major co obxectivo de mellorar o estado de conservación dos hábitats dunares existentes, principalmente dunas grises (hábitat prioritario) e duna branca (hábitat de interese comunitario). Os traballos consistiron na retirada do valado actual e na substitución por un novo valado de plástico reciclado de cor marrón con traveseras reforzadas interiormente. Ademais da reposición, ampliouse o valado 250 metros lineais para frear a deterioración dunar. A actuación ten un custo de 24.200 euros dos que 19.997 serán subvencionados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Dentro das melloras previstas nos accesos ás praias de Sanxenxo, a próxima semana está previsto a substitución do valado de Areas ao longo de trescentos metros. Trátase dun peche en mal estado e que non cumpre a función de barreira requirida. Os traballos suporán a retirada de vexetación invasora. Ademais, instalaranse novos paneis informativos e limparase o carreiro para mellorar o seu tránsito peonil. A actuación enmárcase dentro dunha axuda do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra.

0
0
0
s2sdefault