Concello de Sanxenxo - O CIM FORMARÁ EN IGUALDADE A NENOS E NENAS DE ENTRE 5 E 8 ANOS CO PROXECTO "A CASIÑA VIOLETA"
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actividade será gratuíta, previa inscrición, e desenvolverase en catro venres no edificio multiusos de Portonovo

O Centro de Información á Muller de Sanxenxo porá en marcha un proxecto de igualdade e contra a violencia machista pensado para nenos e nenas de entre 5 e 8 anos co proxecto "A casiña violeta". A actividade desenvolverase, de 17 a 19:15 horas, en catro venres no edificio multiusos de Portonovo. As prazas son gratuítas e limitadas e a inscrición farase por orde de chegada ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., sempre con preferencia para fillos e fillas de mulleres que sufran violencia de xénero.

O primeiro día será o 4 de novembro con "Teatro pola Igualdade"; o segundo, o día 11, "Serigrafía Téxtil Artesanal"; o terceiro, o 18, "Emocionarte", expresión e educación emocional a través de música, pintura e expresión corporal e o 2 de decembro, contacontos pola igualdade, "Mariño e Violeta"

Para inscribirse hai que contactar co CIM, que facilitará a ficha de inscrición e a ficha de protección de datos. Os nenos inscríbense a todo o proxecto, é dicir, aos 4 días, polo que é preciso ter garantía de poder ir a todos eles para non deixar sen praza a outros nenos que puidesen acudir ao programa completo.

O obxectivo final é deseñar un proxecto de promoción da igualdade, do traballo en valores de cooperación, de tolerancia e de respecto mutuo, con accións individuais que traballan a autoestima, a expresión e xestión emocional e os límites persoais. É impartido por unha psicóloga con formación en xénero e todas as actividades son supervisadas polo CIM. Ademais, os participantes poderán levar todos os días, un agasallo do traballado en cada sesión, de recordo desta bonita experiencia. No caso de que a demanda, excedese a oferta podería establecerse un novo ciclo.

A actividade está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado e Igualdade e contra a Violencia de Xénero.

a casiña violeta 2

a casiña violeta

0
0
0
s2sdefault