Concello de Sanxenxo - OS TRABALLOS DE POSTA A PUNTO DOS PARQUES INFANTÍS E BIOSAUDABLES COMEZAN A PRÓXIMA SEMANA EN BORDÓNS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A mellora terá un custo de 119.064 euros e inclúe un novo campo de petanca e chave no Espiñeiro

O Concello de Sanxenxo comezará a próxima semana en Bordóns coa posta a punto dos 25 parques infantís e biosaudables municipais. A adxudicataria dos traballos de mellora destes espazos municipais é Multiservicios Doval por un custo de 119.064 euros, unha cifra lixeiramente inferior respecto ao orzamento de licitación. O desgaste provocado polo paso do tempo e, nalgúns casos, o uso inapropiado das instalacións provocou que non se atopen nun estado óptimo para o seu desfrute. O contrato inclúe a renovación ou reparación de pezas en mal estado e a construción dun novo campo de petanca e chave no parque do Espiñeiro.

Os traballos realizaranse nun prazo máximo de dous meses e medio. En Dorrón actuarase no parque infantil e zona biosaudable de Areas; en Bordóns mellorarase o parque infantil de Outeiro e parque biosaudable de O Sear; en Padriñán melloraranse os parques de Miraflores, Panadeira e Punta Vicaño; en Adina actuarase nos parques de Baltar, Praza Pública, Espiñeiro, San Roque, Seame I, Seame II e o do campo de festas de Arra; en Noalla, os parques da igrexa de Aios, Soutullo, igrexa de Noalla e A Revolta; en Vilalonga, os parques da praza de abastos, Arnosa, Salgueira, Praza Pública e capela de Gondar; en Nantes mellorarase o parque de Contumil e o da igrexa.

Substitución de pezas de xogos, reparacións de elementos, eliminación de óxido ou renovación de valados e superficies son as necesidades máis recorrentes que presentan os parques do municipio. Unha posta a punto que inclúe tamén tarefas de mantemento durante un ano.

No apartado de melloras, valoradas en 7.941 euros, inclúese a limpeza inicial dos parques infantís e áreas biosaudables, a substitución do bordo de madeira por un de granito dos campos de chave e petanca que se instalarán no Espiñeiro e o cambio de tornillería e reforzo dos bancos por uns de aceiro inoxidable.

0
0
0
s2sdefault