Concello de Sanxenxo - SANXENXO RECIBE UNHA AXUDA DE CASE 1,5 MILLÓNS DE EUROS DE FONDOS EUROPEOS PARA A MELLORA INTEGRAL DO PAZO EMILIA PARDO BAZÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O proxecto de mellora de eficiencia enerxética, climatización e accesibilidade ten un custo total de 1,8 millóns de euros

Sanxenxo acaba de recibir a concesión dunha axuda de 1.479.775 euros, procedente do programa europeo de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos, para unha actuación de mellora integral do Pazo Emilia Pardo Bazán. O Concello asumirá a parte restante do custo total de proxecto, 354.950 euros, ata os 1,8 millóns.

A actuación que ten un prazo de execución estimado de 14 meses céntrase en seis eixos:

1. A mellora da envolvente térmica do edificio
2. Optimización dos sistemas de climatización.
3. Aforro enerxético en luminarias, o consumo de auga e a aposta pola mobilidade alternativa.
4. Resolución da flexibilidade de uso con medidas de illamento acústico.
5. Solucións de accesibilidade sensorial e cognitiva no auditorio.
6. Integración co tecido urbano e paisaxe da contorna.

O obxectivo é conservar a esencia do edificio cunha revisión en profundidade da cara exterior da fachada, así como a revisión e mantemento das terrazas e patios exteriores. No proxecto prevese a instalación de elementos de illamento acústico nas zonas de biblioteca, salas de ensaio, sala de música, e amplíase a funcionalidade destes e outros espazos. Ademais, exponse unha mellora de accesibilidade desde o centro urbano con estacións de recarga de coche eléctrico e aparcadoiros para bicicletas e patinetes.

En canto a eficiencia enerxética, o proxecto supón un aforro estimado do 52,28% en consumo enerxético e do 59,13% en emisións CO2 en procura de solucións que conduzan a un consumo case nulo. Tamén se actuará na envolvente térmica do edificio, cambiarase a totalidade das luminarias e instalarase unha nova climatización e ventilación do edificio coa colocación de recuperadores de calor e unha caldeira de biomasa.

0
0
0
s2sdefault