Concello de Sanxenxo - FINALIZA A RENOVACIÓN DE 300 METROS LINEAIS DO VALADO DE PROTECCIÓN DUNAR DA PRAIA DE AREAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Nos próximos días colocarase unha mesa interpretativa na que se explicará a riqueza da flora e fauna do espazo

A renovación de 300 metros lineais do valado de protección dunar da praia de Areas concluíu esta mesma semana. A actuación realizada cunha axuda do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra enmárcase dentro dos proxectos de mellora dos accesos e posta en valor das praias do municipio. Cabe lembrar que con fondos desta axuda se levou a cabo tamén a substitución dun tramo de 100 metros da pasarela de madeira e a retirada de especies invasoras este verán.

Nos próximos días, colocarase ademais unha mesa interpretativa para achegar ás persoas que paseen pola zona e accedan á praia a riqueza da flora e fauna do espazo, ademais de lembrar a importancia de respectar a zona dunar. A subvención incluíu tamén a instalación de dous novos módulos de aseos mixtos. En total, a axuda ascendeu a 86.297 euros.

Doutra banda, esta mañá deron comezo os traballos para instalar un do tres composteiros comunitarios previstos no municipio, o que se colocará detrás do templo novo de Sanxenxo. Tamén se colocará un en Nantes e outro en Baltar. O investimento previsto ascende a 41.824 euros e será financiada a través dos Fondos Next Generation.

 

15 2021 Placa permanente publicidade proxectos TAMANO significativo 003

0
0
0
s2sdefault