Concello de Sanxenxo - COMEZA A CONSTRUCIÓN DAS DÚAS PISTAS DE PETANCA CON ZONA DE APARCADOIRO EN NANTES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A empresa Construcións Castro delimitou xa os terreos de xogo e os estacionamentos en batería

Sanxenxo contará nunhas semanas cun novo equipamento deportivo nunha pista municipal na Cachada, en Nantes: Dúas pistas de petanca Sanxenxo con zona de aparcadoiros en batería. A empresa adxudicataria das obras é Construción Castro que xa iniciou a execución dos terreos de xogo, así como a sinalización dunha senda de acceso e un estacionamento para dez vehículos.

O obxectivo é ampliar o abanico de oferta deportiva no municipio, un hábito de vida saudable e potenciar os xogos tradicionais como xa ocorre co campo de billarda, situado na contorna do colexio nun terreo dos comuneiros de montes cedido para a actividade.

A empresa adxudicataria das obras xa rozou e limpou a parcela, e realizará podas manuais dalgunhas ramas de árbores existentes na leira, que entorpecen as pistas e o paseo de acceso.

En canto ás pistas, xa se colocou un bordo prefabricado tipo xardín (50x20x5) sobre formigón en masa sobre a que se realizará unha base de grava compactada, unha lámina xeotextil e unha capa de area.

O camiño de acceso, que xa está marcado, será de zahorra-cemento granítico de cor avermellada compactado e o aparcadoiro habilitarase con estacionamentos en batería sobre zahorra-cemento de cor avermellada.

O orzamento para esta actuación ascende a 10.385 euros, o prazo de execución das obras é dun mes e a garantía das obras deberá ser de 12 meses.

A estas dúas pistas sumaranse tamén dentro da mellora e mantemento dos parques infantís do municipio outras dúas, unha de petanca e unha de chave, no parque de O Espiñeiro. Con estas novas instalacións refórzase a aposta por deportes interxeneracionais no municipio que tamén conta cun campo de billarda en Nantes.

0
0
0
s2sdefault